A Patrimonio que vas!
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra enviou á Consellería de Cultura unha comunicación para informarlle da colocación, por parte da Deputación, de céspede artificial nos Xardíns de Vincenti, elemento catalogado, para solicitarlle información de se obtivo o preceptivo informe favorable para a protección do patrimonio cultural.
O tapiz artificial no lateral do Pazo Provincial, viuse completado estes días coa colocación dun diván e unha bancada arredor do magnolio.
Esta actuación xa tivo un requerimiento formal do Concello de Pontevedra demandando a súa retirada "por tratarse dunha solución pouco axeitada para un espazo protexido e catalogado polo seu valor histórico, monumental e paisaxístico". Ante a continuidade da herba sintética no grupo de goberno local decidiron dar conta aos responsables de Patrimonio da Xunta.