Un día para concienciar sobre a diabete
Por Mónica Patxot
Co motivo do día mundial da diabete algúns edificios oficiais iluminaron ás súas fachadas en cor azul. E o caso dos concellos de Pontevedra e Marín.
No caso da Boa Vila, a Asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia (Anedia), en colaboración co Concello, organizou un acto que contou coa actuación do grupo de gaitas Retrouso de Cela. Logo tivo lugar un baile a cargo dun grupo de nenos da asociación e como remate o médico do CHOP José Antonio Couceiro deu lectura ao manifesto.
Para o martes programouse unha triple actividade formativa.
Pola mañá, no comedor escolar do colexio Xunqueira II incidirase na importancia da alimentación para a saúde dos nenos e participaran nunha carreira pola diabete na que o premio será unha medalla co círculo azul.
Nos centros de educación primaria de Marín realizarán un pequeño xoguete óptico "taumátropo o círculo máxico" mentras reflexionan sobre o que significa medrar cunha doenza crónica.
Xa pola tarde do martes, a partires das 19 horas, na Casa Azul de Pontevedra celebrarase unha charla titulada "Cómo afrontar a diabete na adolescencia", impartida por Cristina Pérez e Angeles Cons, enfermeiras do CHOP especializadas en diabete.
Relacionadas:
-
RADIO.- Cara a cara: Susana Ruiz comparte a súa diabetes na teoría e na práctica
Por Marisa Ciordia |
-
Unha milla solidaria pola diabetes
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Anedia organiza diversos actos formativos e lúdicos arredor do Día da Diabete
Por Redacción |
-
O deporte, unha arma para visibilizar que a diabete "non te para"
Por Diego Espiño |