Abre o prazo para presentarse ao concurso para redactar a reforma da estación de autobuses
Por Redacción
As empresas interesadas na redacción do proxecto básico e de execución da reforma da actual estación de autobuses de Pontevedra xa poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 29 de novembro. A partir da súa adxudicación, terán un prazo de catro meses para executar o proxecto.
A edición deste martes do Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a licitación deste contrato, que conta cun orzamento de máis de 41.000 euros. Nesta ligazón ao DOG pódese ampliar a información.
O que se licita é, tal e como xa se publicou hai poucos días, a redacción do proxecto para executar a segunda fase do proxecto da intermodal de Pontevedra, que inclúe as estacións de autobuses e tren, cun investimento total próximo aos 4 millóns de euros.
Esta segunda fase prevé a adecuación do edificio actual por un importe de 1,5 millóns de euros. Incluirá importantes accións de acondicionamento na estación como, por exemplo, a remodelación da fachada, a reparación da cuberta ou a renovación de espazos interiores.
Estas obras teñen como obxectivo a mellora integral das instalacións da terminal de autobuses para dar cobertura ás necesidades actuais, polo que tamén se optimizará o tránsito de autobuses e peóns na contorna da terminal.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Esta é a estación de autobuses que queren a Xunta e o Concello
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O proxecto de reforma da estación de autobuses, listo no verán
Por Redacción |
-
Seis empresas presentan ofertas para redactar o proxecto de reforma da estación de autobuses de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunta adxudica a redacción da primeira fase da creación da estación intermodal de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Concello, satisfeito de que a Xunta "levantase o veto" investidor en Pontevedra
Por Diego Espiño |