A Deputación financia unha investigación da Universidade de Vigo para frear a expansión da avispa velutina
Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este xoves un convenio que pretende dar resposta á expansión que está a ter na provincia a avispa velutina.
A administración provincial investirá 60.000 euros en dúas anualidades para a creación dunha estación experimental no campus de Vigo á fronte da cal estarán as investigadoras Josefina Garrido e María Calviño.
Segundo explicaron estas investigadoras en rolda de prensa, o seu traballo centrarase no estudo desta especie invasora de forma controlada para tratar de coñecer exhaustivamente o seu ciclo vital co obxectivo de establecer pautas e protocolos para combater a súa expansión e, fundamentalmente, poder realizar deteccións temperás dos niños evitando que se produza a expansión de novas raíñas.
Preténdese reducir así o impacto sobre as especies locais ou actividades económicas como a apicultura ou a horticultura.
Segundo os datos da Xunta de Galicia a avispa velutina foi detectada no 87 % dos concellos de Pontevedra
A presidenta da administración provincial fixo saber aos responsables universitarios que "se ao longo do estudo aparecen necesidades de ampliar a investigación ou de medidas que supoñan máis recursos, a Deputación de Pontevedra vai implicar ao cento por cento" por tratarse de "unha cuestión moi seria" que está a xerar ademais "alarma" entre a poboación debido á rapidez coa que se está estendendo.
O reitor, Salustiano Mato, destacou que esta iniciativa constitúe un proxecto pioneiro dado que será a primeira estación experimental de investigación centrada na avispa velutina en Galicia.
Relacionadas:
-
Un proxecto provincial fomentará o emprego no sector apícola
Por Oskar Viéitez |
-
Obxectivo: eliminar as raíñas da velutina
Por Redacción |
-
Trampas para as velutinas do río dos Gafos
Por Redacción |
-
Bueu reparte trampas para combater a invasión da avespa velutina
Por Redacción |
-
RADIO.- Stop Velutina: "Sen abellas desaparecerían tres cuartas partes dos produtos que comemos"
Por Marisa Ciordia |
-
A Lama empeza a dicir adeus aos niños de avespa velutina denunciados polos veciños
Por Redacción |
-
Os socialistas reclaman á Xunta medidas "contundentes" contra a plaga velutina
Por Redacción |
-
230 niños de velutina retirados en cen días en Pontevedra
Por Redacción |