Concello e Deputación 'desbloquearán' o próximo luns a ronda urbana de Pontevedra
Por Redacción
A ronda urbana de Pontevedra desbloquearase, finalmente, o próximo luns 15 de abril. ÿ a data escollida polo Concello e a Deputación para asinar o convenio de colaboración para iniciar a construción desta ansiada infraestrutura, concretamente no seu tramo leste. Recolle un investimento de 2,42 millóns de euros e inclúese a construción do vial e das expropiacións, así como a redacción do proxecto que se estima nuns 60.000 euros.
O acordo plasma que a Deputación provincial levará a cabo a redacción do proxecto e financiará o 50% da obra. Será a encargada de licitar, executar e recepcionar as obras, e tamén realizará a tramitación administrativa da expropiación de fincas. Pola súa banda, o Concello de Pontevedra abonará o importe das expropiacións (estimado en 560.000 euros) e o restante da obra e participará na comisión de seguimento do proxecto.
Segundo se recolle no propio convenio o obxectivo deste convenio "é mellorar a accesibilidade ó complexo asistencial Príncipe Felipe e ó Hospital Montecelo coa construción do acceso a Príncipe Felipe-Montecelo, dende a PO-542 no lugar do Marco, até o complexo asistencial".
"Esta actuación dotará a zona este da cidade dunha vía que substitúa o atallo que actualmente se emprega a través das rúas das Pereiras, das Olivas e Anxel Limeses, claramente insuficientes e non destinadas para soportar o tráfico actual", afirma o convenio. "A construción desta infraestrutura terá unha dobre funcionalidade, dun lado o acceso ao complexo asistencial e doutro a mellora da mobilidade na zona leste da cidade, podendo integrarse no futuro como parte da ronda urbana".
Relacionadas:
-
A Deputación recibe o proxecto da Rolda Leste de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Dez empresas presentaron oferta para a redacción do proxecto do primeiro tramo da ronda urbana
Por Redacción |
-
Deputación licita o proxecto do primeiro treito da rolda urbana de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ademais da ronda, Deputación e Concello farán unha senda peonil entre Bombeiros e a ponte das Correntes
Por Oskar Viéitez |