A píllara das dunas bota de 45 praias aos afeccionados ao kite e o aeromodelismo
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Medio Ambiente publica este xoves no Diario Oficial de Galicia as características do plan de conservación do chorlitejo patinegro, tamén chamado píllara das dunas. Trátase dunha especie clasificada como "vulnerable", que anida na area das praias, polo que se ve especialmente afectadada por certas actividades deportivas, e tamén polo uso da maquinaria limpapraias.
De modo que a Xunta impón importantes restriccións en 45 praias na costa galega, a maioría nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Arenais coma o do Vao (A Illa de Arousa), Mexilloeira e A Lanzada (O Grove), a praia de Rodas (Cíes-Vigo), América (Nigrán) e O Muiño-Camposancos (A Garda).
Estas normas de protección prohiben a presenza de animais domésticos libres e salvaxes en cautividade. Ademais requirirase autorización da autoridade competente en actividades deportivas, culturais e turísticas organizadas que impliquen aglomeracións de persoas ou perturbacións non habituais na praia. Deberá evaluarse previamente a súa "posible interacción coa especie, garantindo a non afección á mesma".
"Nas zonas de presenza en período reprodutivo pertencentes á rede galega de Espazos Naturais, con carácter xeral, non permítese a práctica de kite-buggy, aeromodelismo, ala delta con motor ou actividades similares". Nas praias se adoptarán unha serie de medidas específicas respecto ao tránsito e acceso polas praias e cordóns dunares.