Rueda reitera no Parlamento a súa aposta pola comarcalización dos parques de bombeiros municipais
Por Redacción
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, compareceu este martes no Parlamento galego para presentar as propostas da administración autonómica para mellorar a coordinación e xestión das emerxencias en Galicia.
Coas medidas concretas que ten estudado o goberno galego e que detallou Rueda, poderíase aumentar do 65 ao 90% a porcentaxe de territorio galego cuberto en menos de 20 minutos polos servizos de emerxencias.
A Xunta propón avanzar en dúas frontes. Por unha banda, na comarcalización dos parques de bombeiros das grandes cidades, e por outra banda, tamén se propón a creación de novos servizos para a atención ás emerxencias nas zonas deficitarias, e que precisarían de servizos específicos. Actualmente, xa se teñen identificado, polo menos, cinco novos servizos necesarios.
Rueda apelou á cooperación das deputacións, "que son as competentes en materia de emerxencias".
Relacionadas:
-
O PP critica que Carmela Silva está "desaparecida" nas negociacións sobre o modelo de emerxencias
Por Redacción |
-
Carmela Silva pide á Xunta que "deixemos de marear a perdiz e nos poñamos en serio" coa xestión das emerxencias
Por Natalia Puga |
-
O Partido Popular reclama diñeiro a Carmela Silva para comarcalizar o parque de Bombeiros
Por Redacción |
-
A Deputación pide á Xunta un informe técnico que demostre a eficiencia da comarcalización dos parques de bombeiros
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |