Cuntis planta batalla á avespa velutina
Por Redacción
O Concello de Cuntis traballa para ser "territorio libre de velutina". Así o asegura tras facer públicos os datos de retirada de niños desta avespa ao longo de 2017.
A través do servizo municipal de Protección Civil, que colabora tamén co veciño municipio de Portas, logrouse retirar a importante cifra de 315 niños.
Asegura o goberno local que se decidiu a asumir os labores de loita contra esta especie invasora, custeando os produtos necesarios, despois de que o servizo de atención ás emerxencias da Xunta de Galicia "se demostrase ineficaz, pasando meses despois do aviso sen que se retirasen os niños existentes", denuncia nun comunicado.
En todo caso os efectivos de Protección Civil rexistraron o lugar e data de cada unha das súas actuacións comunicando cada un dos operativos ao 112.
Os datos facilitados por Cuntis sinalan ademais que 11 niños de avespa velutina non se puideron retirar por estar situados en altura e noutros 9 casos está pendente de actuación.
Relacionadas:
-
Protección Civil de Cuntis constata un descenso do número de niños de velutina retirados
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis demanda fondos para facer fronte á prevención de incendios e a avespa velutina
Por Natalia Puga |
-
Protección Civil de Cuntis realizou 450 intervencións no último ano
Por Redacción |
-
A asociación comarcal para a loita contra a velutina pon en marcha as primeiras accións
Por Redacción |
-
Os concellos intentan facerlle fronte á invasión de avespas velutinas
Por Redacción |