Marín estreará en dous meses o novo sistema de colectores de lixo
Por Redacción
A finais de xaneiro, segundo a estimación que fai o Concello de Marín, estrearase o novo sistema de colectores. Trátase dunha iniciativa que está ligada ao contrato de recollida selectiva de residuos, adxudicada recentemente á empresa Recolte.
O novo contrato ten unha duración de oito anos e, destaca o goberno municipal, a nova adxudicataria traballa con total normalidade. Así, puxo en marcha unha das principais medidas que se recollía no prego técnico, o cambio de camións e de todos os colectores do municipio, actualmente en moi mal estado.
O obxectivo principal é contar cun maior número de colectores de distinta carga, creando illas cos colectores para residuos, plástico e latas, papel e cartón e vidro, que estarán en todos os lugares onde na actualidade existe colector de lixo.
O Concello busca así facilitar que os veciños aposten pola reciclaxe, achegando estas illas a todos os domicilios.
Nos últimos días empezaron a chegar os primeiros transportes cos máis de 1.500 colectores que se substituirán.
A instalación de colectores novos amplía substancialmente a capacidade de litros instalados de recollida. Así, cuadriplicarase a capacidade de recollida de envases do colector amarelo, triplicarase a recollida de cartón e cuadriplicarase tamén a do vidro.
A nova concesionaria ten prevista a colocación dos novos colectores de recollida de lixos en illas homoxéneas que permiten depositar nun mesmo punto todas as fraccións de desperdicios.
A colocación dos novos colectores en illas facilita a separación dos residuos, debido a que en cada punto de recollida haberá un receptáculo de cada fracción. En cada illa haberá, polo menos, un colector de orgánico, un de papel, un de cristal e un de plástico, evitando que os veciños teñan que ir a distintos puntos a depositar os seus residuos.
Relacionadas:
-
O Goberno local de Marín valora positivamente o primeiro ano de Recolte como adxudicataria do servizo do lixo
Por Oskar Viéitez |
-
Marín achaca o aumento da reciclaxe no municipio aos novos contedores
Por Redacción |
-
Adeus aos contedores de lixo soterrados na rúa Almuíña
Por Redacción |
-
Causan danos en varios colectores de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Marín contará con novos colectores de lixo
Por Oskar Viéitez |
-
A nova empresa de limpeza viaria de Marín inicia a súa actividade este martes
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno de Marín abordará a concesión do servizo de lixo á empresa Recolte
Por Oskar Viéitez |