A Deputación abre a porta para instalar composteiros en terrazas na terceira fase do Plan Revitaliza
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Plan Revitaliza posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para impulsar a compostaxe como forma de xestión do lixo na provincia terá unha terceira fase na que se abre a porta a que se adhiran ao proxecto máis municipios e tamén a unha nova fórmula de tratamento de residuos, instalar composteiros individuais non só en hortas e xardíns, senón tamén en terrazas.
O vicepresidente provincial, César Mosquera, anunciou que a Xunta de Goberno da Deputación deste venres aprobará a terceira fase do plan, na que se abrirá de novo un prazo de adhesión para que se somen todos os municipios pontevedreses interesados en que se elabore un Plan de Residuos e se aplique a compostaxe. Iso si, xa avisa que agora poderán adherirse todos os concellos que o desexen, pero logo xa quedará pechada a convocatoria, pois se non non resulta operativo que cada unha das administracións sigan ritmos diferentes de tramitación.
Na actualidade, hai 29 concellos adheridos, dos que seis terán o sistema implantado en 2018: O Grove, Vilaboa, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves e Pontevedra. No caso deste último, polo tamaño do municipio prevese que non estea implantado totalmente nese ano, pero si boa parte.
A maiores, están en proceso outros 23 que xa están adheridos e a Deputación elaboroulles o Plan de Residuos, pero nos que aínda se están traballando as fases iniciais do proxecto. Coa terceira fase que se aprobará este venres, vanse adquirir 400 novas unidades modulares.
En relación cos composteiros nas terrazas, o vicepresidente provincial indicou que xa se demostrou que funcionan correctamente, igual que os que se sitúan no exterior, en Pontevedra cidade xa teñen constancia que se está facendo en moitas vivendas e, ademais, hai veciños que o demandan á Deputación.
Mosquera aproveitou para facer balance do Plan, que en setembro de 2015 presentouse marcándose o obxectivo de que ao final do mandato estea en proceso o sistema da compostaxe para 100.000 veciños e "ao ritmo que imos, ímolo sumerar". Segundo os datos achegados, a fase experimental do plan xa está a tratar entre 1.000 e 1.200 toneladas de residuos ao ano.
ROLDA LESTE, LICITADA
Mosquera tamén deu a coñecer este xoves que a Xunta de Goberno aprobará a licitación da Rolda Leste, un proxecto que conta cun orzamento de 3,4 millóns de euros, dos que 2,1 destinaranse á obra en si. Tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia, poderá empezar a obra.
Segundo os prazos que manexa Mosquera, a obra comezará en marzo e teñen un prazo de execución de nove meses, de modo que a finais do ano 2018 a nova infraestrutura poderá estar terminada.
Relacionadas:
-
A Deputación acorda con Amigos da Terra o control dos composteiros individuais de Vilaboa
Por Redacción |
-
Cinco empresas optan ao contrato de subministro dos composteiros individuais
Por Redacción |
-
Empeza a conta atrás para que os concellos se adhiran ao Plan Revitaliza
Por Redacción |
-
Lores ve "intereses políticos" nas "tensións sociais" que provoca a compostaxe
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- A frenética actividade das mestras e mestres composteiros
Por Noticia patrocinada |
-
O PP valora como "absolutamente decepcionante" o orzamento da Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Vilaboa instalará 10 composteiros comunitarios durante 2018 nos núcleos de máis poboación
Por Redacción |
-
Seis concellos pontevedreses estarán compostando preto do 100% dos seus residuos orgánicos a mediados do 2018
Por Oskar Viéitez |
-
Sae á rúa a segunda fornada de mestres composteiros
Por Oskar Viéitez |
-
Expertos internacionais de renome imparten leccións maxistrais na Facultade de Compostaxe
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |