Música, poesía e reivindicación en Ponte Caldelas no día contra a violencia de xénero
Por Redacción
As tres asociacións femininas de Ponte Caldelas, Mulleres Rurais do Verdugo, Mulleres Rurais de Xustáns e Aires del Norte y Olé, celebraron por primeira vez un acto conxunto.
Foi con motivo do 25-N, día internacional de loita contra a violencia de xénero, no acto central da programación deseñada a modo de reinvindicación.
Música, poesía ou a lectura de textos reivindicativos contra a violencia machista fóronse sucedendo nas intervencións das diferentes asociacións. Puxo tamén do seu parte o coro feminino de Santa Eulalia protagonizou unha actuación.
O acto foi inaugurado polo alcalde, Andrés Díaz, quen quixo lembrar que "queda moito camiño por diante" para terminar coa lacra que supón a violencia machista.