A Deputación pon a semente da cultura emprendedora
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Emprego, Montse Magalllanes, recibiu este luns no salón de plenos do Pazo Provincial ao primeiro grupo do profesorado e alumnado que participan na nova quenda de "DepoEmprende na Escola".
Este ano, o proxecto chega a un total de 15 centros de educación primaria e especial e, por primeira vez, expándese tamén a outros 6 institutos de educación secundaria, isto é, chegando a un total de 21 centros educativos.
Carmela Silva recibiu ao alumndo dos seguintes centros educativos: o Centro de Educación Especial Príncipe Felipe (que participa coa cooperativa "Tinta de mora"), o CEE Vilagarcía de Arousa ("Specialman"), o CEIP Santo André de Xeve en Pontevedra ("Xeveplan"), o CEIP Plurilingüe da Florida en Sanxenxo ("Floridarte", "Bazarflorida" e "Imacref17"), o CPI de Cova Terreña en Baiona ("Artesans & Kids"), o CEIP García Barbón de Vigo ("Galibarbón" e "Garspain") e o CEIP Alexandre Bóveda de Redondela ("Proab").
Cada unha destas cooperativas recibiu cadanseu CIF simbólico para poder comezar a operar.
Carmela Silva resaltou que "este proxecto pretende que as rapazas e rapaces desenvolvan unha cultura emprendedora que non é soamente crear unha empresa, senón crear nas nenas e nenos a idea de que temos que ser persoas emprendedoras, dar pasos cara a adiante para desenvolver as nosas ideas e os nosos soños".
Relacionadas:
-
Un proxecto do IES Johan Carballeira, premiado no certame Depoemprende
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación adxudica os programas En Ruta coa Depo e Depoemprende II
Por Redacción |
-
"Emprender significa conseguir os soños"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
A Deputación aproba outros 280.000 euros para o fomento do autoemprego
Por Redacción |
-
A Deputación fomentará a actitude emprendedora dos máis novos
Por Redacción |