O Concello quere negociar con Patrimonio o futuro uso e destino do edificio de Facenda
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra dirixiuse ao Ministerio de Facenda para trasladarlle unha serie de consideracións respecto de a súa intención de poñer á venda a súa antiga delegación na praza de Ourense de Pontevedra, o histórico inmoble que formaba parte do convento de San Francisco.
Nun escrito remitido á Dirección xeral de Patrimonio do Estado, o goberno local recorda que en relación co futuro deste inmoble, e logo da firma do Convenio de Campolongo que posibilitou a construción da nova sede administrativa da Axencia Tributaria, este Concello mantivo unha serie de reunións cos anteriores Delegados Provinciais de Economia e Facenda nos que se sentaron as bases do futuro destino do emblemático edificio baixo dúas premisas basicas: o seu destino público e a consideración deste Concello como interlocutor principal.
Agora o Concello capitalino insiste nestes dous condicionantes e reafírmase como institución de referencia á que "oir e consultar para a xestión e decisión do destino definitivo" que se pretenda dar ao inmoble.
Desde o grupo de goberno móstrase a vontade de "seguir mantendo e ata intensificar a cooperación prestada ata o día da data no marco das competencias e atribucións urbanísticas e de protección do patrimonio cultural que lle corresponden e ata a negociar e estudar posibles cambios nos usos admisibles polo planeamento especial de aplicación".
O goberno local solicita expresamente "e o máis axiña posible" que se entablen negociacións
Para isto esa negociación tería que ser previa á súa enaxenación para que "poida ser beneficioso para a Facenda estatal pero tamén, e ao mesmo tempo, para a cidade que represento e en cuxo corazón situase o inmoble", di o escrito remitido en nome do alcalde.
"Pero tamén queremos advertir que esa negociación non se vai a facilitar se o inmoble se enaxena e pasa a mans privadas antes de ponderar os intereses desta administración territorial directamente implicada e dos veciños de Pontevedra".
Finalmente e tras apelar á debida lealdade institucional, o goberno local solicita expresamente "e o máis axiña posible" que se entablen negociacións previas á decisión sobre a venda do inmoble referido e sobre o seu futuro destino e uso.
Relacionadas:
-
A antiga sede de Facenda queda totalmente baleira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Lores viaxa a Madrid para tentar que o edificio de Hacienda en San Francisco siga a ser público
Por Redacción |
-
Louzán e Lores buscan un uso público para o edificio de Hacienda
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello vería "con bos ollos" que o edificio de Hacienda acollese un hotel de cinco estrelas
Por Alejandro Espiño |
-
Búscase comprador para o antigo edificio da delegación de Hacienda
Por Redacción |