Propoñen empregar parte da Tomba como refuxio de cabalos
Por Redacción
Crear o primeiro refuxio de titularidade pública onde os cabalos maltratados pola colocación das coñecidas como "pexas", cadeas ou lazos de caza ilegais, poidan ser rehabilitados e, en determinados casos, reintroducidos no medio natural. Esta é a particular proposta que a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber expuxeron para o futuro parque forestal da Tomba, en Campañó.
Os animalistas sinalan que o recinto podería ser un espazo adecuado para crear estas instalacións, "cuxo investimento sería moi baixo ao estar xa expostas varias actuacións sobre a zona", e onde pedirían que fose un proxecto cofinanciado polo Concello de Pontevedra, Deputación e Xunta de Galicia, ao entender que o executivo autonómico debe achegar a súa parte no traballo contra os malos tratos cara aos équidos.
Estas organizacións advertiron que na actualidade a práctica de colocar artefactos nas patas dos cabalos é aínda "habitual nos montes da comunidade", e que ademais da "xeneralizada impunidade dos gandeiros que actúan de maneira cruel cos animais", tampouco existe ningún espazo adaptado e autorizado para trasladalos. A "única alternativa" que teñen os concellos é capturar e poxar ao animal e "se non hai comprador o seu final é o matadoiro".
A iniciativa dos colectivos animalistas "poderíase compaxinar perfectamente" cos usos que se expuxeron na elaboración do proxecto xa que o refuxio de équidos non require a totalidade do parque forestal.
Relacionadas:
-
Nove propostas para acondicionar o novo parque forestal da Tomba
Por Redacción |
-
Os traballos para acondicionar o parque forestal da Tomba durarán ata 2020
Por Alejandro Espiño |
-
Mocións en Bueu e Marín sobre a Lei de Benestar Animal
Por Redacción |
-
O parque forestal da Tomba abarcará finalmente 83 hectáreas
Por Alejandro Espiño |
-
Primeira toma de contacto co futuro parque forestal da Tomba
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O souto máis extenso da provincia estará en Campañó
Por Alejandro Espiño |