Inician o chipeado de cans en varias parroquias pontevedresas
Por Redacción
A pesar de que é necesario implantar o microchip de identificación canina nos tres primeiros meses de vida do animal, moitos cans, principalmente no rural, seguen sen levalo.
Ante esta situación, e para combater o abandono das mascotas, o Concello de Pontevedra iniciou hoxe o chipeado de mascotas en tres parroquias como Praceres, Salcedo e Marcón dentro da campaña "Yes we can".
Ata 97 donos inscribiron os seus cans no programa, que aínda ten co prazo de solicitude aberto para poder implantar o dispositivo a prezo reducido.
A campaña "Yes we can" continuará nas próximas semanas con diversas iniciativas como un día da adopción, unha xornada de adestramento canina ou charlas de concienciación nos centros escolares.