O Consello de Campus afonda na especialización
Por Redacción
A posta en marcha do programa de doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sustentable, coas súas 20 prazas cubertas, o inicio en 2018 das obras de reforma da sede da Xunta en Benito Corbal, onde se emprazará a sede corporativa do Campus Crea S2i, ou a consecución do proxecto europeo Lapassion.
Estes foron algúns dos fitos que levaron ao reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, a pór de relevo que o proxecto de especialización do campus de Pontevedra "estase consolidando", na sesión do Consello de Campus celebrada este venres na Casa das Campás.
Os informes do reitor e do vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, facendo balance das actividades e iniciativas impulsadas ao longo deste 2017 centraron a sesión.
Mato deu conta tamén do acordo entre a Xunta e as tres universidades galegas para a mellora do mapa de titulacións no período 2017-2021 "no que dalgunha maneira consolidamos todos os graos", xa que a titulación do campus con menor matrícula de estudantes de novo ingreso, o grao en Enxeñaría Forestal, "ten un futuro claro a través do espazo de colaboración que se abrirá con Lugo".
De feito, o reitor lembrou que a pesares de que este grao non cubriu todas as súas prazas, Pontevedra conta no presente curso cunha taxa de ocupación do 100% nas prazas de novo ingreso, "porque esa marxe vese compensada co exceso que hai noutras titulacións".
Respecto do grao en Enxeñaría Forestal, o reitor salientou que o novo mapa "consolida a súa necesidade en Galicia", a través da colaboración que se definirá ao longo dos próximos dous anos coa Escola Politécnica Superior da USC en Lugo.
En primeiro termo, explicou, o Consorcio Interuniversitario de Galicia será o encargado do "establecemento de cales son as pautas deses espazos de colaboración entre os graos de baixa demanda", e, a partires de aí, "xa serán as dúas escolas as que empecen a traballar, baixo as pautas que defina o consorcio", en dous aspectos concretos, "a unificación de criterios e a definición da especialización en Pontevedra e en Lugo"-
Relacionadas:
-
A Universidade de Vigo abre a preinscrición para o innovador programa de doutoramento CREA
Por Redacción |
-
O 'Programa de doutoramento en creatividade e innovación social e sostible' consolida o campus CREA de Pontevedra
Por Redacción |
-
Forestais "non corre perigo", garante o rector, no novo mapa de titulacións
Por Alejandro Espiño |
-
O reitor destaca o "bo funcionamento" do Campus de Pontevedra grazas á especialización
Por Natalia Puga |