O CAAN recuperou 900 cans na provincia durante este ano
Por Redacción
O Centro de Acollida e Protección de Animais ( CAAN), situado en Meis e dependente da Deputación de Pontevedra, alcanzou a cifra de 908 cans recuperados ao longo de 2017. Entre eles atópanse os recollidos polos donos nas instalacións de Armenteira tras perdelos, os extraviados que foron entregados aos propietarios no Concello onde se atoparon e os adoptados.
Este xoves, a deputada responsable deste departamento, Eva Vilaverde indicou que os cans acollidos por novas familias foron 387 e o obxectivo é alcanzar os 400 antes de que finalice o ano, debido á numerosa asistencia de persoas durante estes días de nadal. En todo caso, a deputada alertou de que os animais non son só un agasallo senón que supoñen responsabilidades para os seus propietarios.
Se en 2016, realizáronse 1.700 intervencións desde este departamento, este ano a cifra ascende a 2.100. O Concello cun maior número de avisos foi o de Sanxenxo con 161, seguido por Vilanova de Arousa con 129. Estes dous concellos tamén encabezan o número de animais recollidos con 103 e 90 respectivamente. Un dato que a Eva Vilaverde lle parece preocupante é o abandono en función do número de habitantes e, neste sentido, en Meis abandonáronse 59 cans estes últimos doce meses.
Neste caso sinalou que pode deberse para o efecto chamada ao atoparse as instalacións do CAAN neste municipio pero lamentou que noutros concellos como Meaño, Ribadumia, Barro ou Campo Lameiro os índices de abandono superan a media.
Ata principios de decembro, 254 cans foron devoltos aos seus propietarios antes de ser trasladados ao centro de Armenteira ao estar correctamente identificados. Outros 267 foron recollidos no CAAN polos seus donos e 387 foron adoptados. Nas instalacións actualmente atópanse preto de 600 animais. Un 18% dos cans recolleitos presentaban lesións ou enfermidades graves, derivadas de actuacións neglixentes, malos tratos ou accidentes de tráfico.
A deputada nacionalista indicou que o CAAN converteuse nun centro de referencia, o único homologado pola Xunta de alicia, para ofrecer información sobre como tratar a un animal que se atopa en mal estado.
MELLORAS NAS INSTALACIÓNS
A Deputación ten previsto aumentar o orzamento para este servizo e acometeranse obras de ampliación das zonas de maternidade e cachorros, ademais de nos espazos de corentena e hospitalización. Eva Vilaverde indicou que o CAAN cumpre cos requisitos da nova Lei de Protección Animal que entrará en vigor en xaneiro de 2018. Todos os animais entregaranse esterilizados e identificados.
Actualmente 48 concellos están adheridos ao CAAN e o nivel de satisfacción polo servizo que se presta é elevado, segundo indicou Eva Vilaverde.
Relacionadas:
-
Unha campaña audiovisual para achegarse á problemática do abandono animal "con outros ollos"
Por Natalia Puga |
-
Chini deixa atrás o maltrato e xa ten unha nova familia
Por Redacción |
-
A Policía Local de Sanxenxo intensificará a vixilancia de animais en espazos públicos
Por Oskar Viéitez |
-
Biberón cada tres horas para tres cachorros abandonados ao nacer
Por Redacción |
-
Un atropelo e catro operacións despois, Paloma atopa un novo fogar
Por Diego Espiño |
-
Mocións en Bueu e Marín sobre a Lei de Benestar Animal
Por Redacción |
-
Propoñen cambiar o modelo de macrocanceira do CAAN e crear políticas provinciais contra o abandono animal
Por Redacción |
-
A Deputación estudará a colaboración con entidades privadas para atender aos cans abandonados
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Inician unha campaña contra o abandono de cans porque "está na túa man"
Por Diego Espiño |