O edificio da Xunta en Benito Corbal, en reforma a partir de xaneiro
Por Redacción
A UTE formada polas empresas Acciona e Ramírez comezará no mes de xaneiro as obras de rehabilitación integral do edificio da Xunta de Galicia en Benito Corbal. Así llo trasladou este venres o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda, a colectivos e asociacións da cidade que farán uso de dúas plantas do inmoble.
O inicio destes traballos só está condicionado a que o Concello de Pontevedra outorgue a licencia de obras, solicitada segundo a Xunta no mes de outubro.
A Xunta investirá nesta reforma pouco máis de catro millóns de euros. Xunto ao estudo previo, a redacción do proxecto, a auditoría enerxética e as direccións facultativas, o investimento global ascenderá a 4,34 millóns de euros.
Rueda destacou a importancia deste proxecto para aqueles colectivos e asociacións que non teñen un local no que desenvolver a súa actividade e confiou en que moitos deles poidan ter un oco no edificio de Benito Corbal. De feito terán á súa disposición os andares terceiro e cuarto, de 636 metros cada un.
Ademais dos locais para os colectivos e asociacións, o edificio terá espazo tamén para albergar as oficinas de emprego da cidade de Pontevedra e disporá de catro plantas para todo aquilo que teña que ver co Campus Crea, da Universidade de Vigo.
Relacionadas:
-
Os obreiros xa traballan na rehabilitación do edificio da Xunta en Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
O edificio da Xunta en Benito Corbal, en obras desde esta semana
Por Redacción |
-
RADIO.- Feijóo ve a Lores "agotado": "Se acertamos co candidato poderíamos gobernar"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A sede do Campus Crea ocupará catro plantas do edificio da Xunta en Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta establecerá criterios "o máis obxectivos posibles" para repartir o seu edificio de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |