A Facultade de Ciencias Sociais nomea "profesor honorario" a Alfonso Cabaleiro
Por Oskar Viéitez
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra nomeou este mércores ao ex secretario xeral de Medios informativos da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, como "profesor honorario" de las Xornadas Internacionais de Comunicación e Protocolo.
Alfonso Cabaleiro ven de ser nomeado xerente do organismo autónomo Galicia Calidade. Periodista de profesión, Cabaleiro foi secretario xeral de Medios ao longo da lexislatura 2009-2012 e tamén nos inicios da actual, ata o pasado 22 de febreiro que foi relevado nesa responsabilidade por Mar Sánchez Sierra.
O título de profesor honorario trátase dun recoñecemento simbólico polo apoio que tradicionalmente prestou a estes cursos, que este ano alcanzan a súa décimo terceira edición.
A entrega tivo lugar ás nove da mañá, no acto de inauguración das Xornadas nas que están matriculados máis de 300 alumnos da Universidade de Vigo, doutros centros de Galicia, así como profesionais de toda España.
Debido a unha indisposición do Doutor Francisco López-Nieto, que debería dictar a lección inaugural, encargouse deste cometido a Doutora Dolores do Mar Sánchez, directora do Master de Protocolo e Organización de Eventos da Universidade Nacional de Educación a Distancia.
Dada a actualidade do asunto, espertou especial interese o relatorio do profesor Fernando Ramos, director do curso, sobre a actual imaxe da monarquía en España, considerando que se converteu nunha institución en risco. As xornadas, con participación de alumnos do sistema universitario de Galicia e de Portugal, así como de ponentes de ambos países, estenderase en apertado programa ao longo da mañá e a tarde dos días 17 e 18 de abril.