Marea Pontevedra súmase ao clamor contra "o calote das peaxes"
Por Oskar Viéitez
Marea Pontevedra defenderá no pleno do Concello de Pontevedra de xaneiro a aplicación dun sistema de bonificacións para as persoas usuarias da autoestrada AP-9 e a transferencia da competencia á Xunta de Galicia, secundando a petición nese sentido que xa lle fixo o pleno do Parlamento galego, por acordo unánime.
A formación que lidera Luis Rei solicita o rescate para a xestión pública da AP-9 e a paralización da subida de peaxes.
Deste xeito Marea Pontevedra sumase ao clamor de Galicia "contra un calote que ameaza con seguir gravando desmesuradamente as economías das nosas familias e empresas durante dúas xeracións máis", sinalan nun comunicado.
A moción de Marea insta á Xunta de Goberno local a dirixirse ao Ministerio de Fomento reclamándolle unha fórmula que suspenda a suba abusiva das peaxes da AP-9 aplicada desde o pasado 1 de xaneiro, e pedíndolle que obrigue á empresa a arbitrar un sistema de bonificacións aos usuarios.
Sería un sistema máis semellante á media destas vías no resto de España (por número de viaxes mensuais, por circular en horas nocturnas, por facelo con coches con tres ocupantes ou máis).
Relacionadas:
-
A patronal pide liberar o tramo Pontevedra-Curro para compensar a suba da AP-9
Por Alejandro Espiño |
-
Rexeitamento frontal de Pontevedra á xestión da AP-9 e a súa "abusiva" subida de peaxes
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP espera un apoio unánime do resto de partidos á súa proposta sobre a AP-9
Por Oskar Viéitez |
-
Os socialistas instan ao Goberno a asumir o custe da ampliación da ponte de Rande
Por Oskar Viéitez |
-
Gas, carburantes e peaxes lideran as subas de prezos en 2018... e falta a luz
Por Redacción |
-
A ampliación da ponte de Rande entra en servizo entre autoridades e protestas
Por Natalia Puga |
-
Cargos do BNG, con Ana Pontón á fronte, únense en Pontevedra contra o "saqueo" da AP-9
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra protesta polos "abusivos" peaxes da AP-9
Por Alejandro Espiño |