Comezan as obras para crear 122 novos amarres no porto deportivo de Sanxenxo
Por Alejandro Espiño
122 novos amarres. Son os que o Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo pretende ter dispoñibles a partir do próximo mes de xuño. Este mércores, o Real Club Náutico de Sanxenxo comezou as obras destes novos pantaláns. De todos eles, ao redor de 20 cederaos á cofradía de mariñeiros Santa Rosalía, mentres que en torno a uns 15 amarres estarán a disposición de barcos en tránsito.
Así o explicou o xerente do club, Roi Álvarez, quen supervisou o inicio dos traballos xunto co patrón maior da confraría, Sauro Martínez. Ambos sinalaron que trátase de satisfacer unha demanda histórica de ambas entidades, "ya que teníamos barcos amarrados a boyas en fondeos irregulares y una vez conseguida la concesión de esa lámina de agua vamos a solventar esos problemas".
As novas prazas de amarre estarán situadas na zona Norte da Mariña Juan Carlos I, preto da rampa de vela lixeira, e contarán con pantaláns anchos e accesibles, ademais dun guindastre, que permitirán o acceso a persoas con calquera tipo de discapacidade. En total, o Real Club Náutico de Sanxenxo investirá 700.000 euros.
Con estas prazas de amarre o club pontevedrés facilitará o atraque en Sanxenxo de barcos de seis, oito, dez e doce metros de eslora. Segundo Roi Álvarez, esta ampliación permitirá "dar cabida a la demanda que hay en esta zona", xa que recoñeceu que "es sabido que las instalaciones actuales en verano están totalmente saturadas". De feito, estas novas prazas poderán alugarse durante un periodo limitado de tempo.
Así mesmo, cumprindo coa lei establecida, aproximadamente unhas 15 destas prazas estarán destinadas a barcos transeúntes, fortalecendo así as posibilidades de Sanxenxo como destino turístico. "Podremos incrementar nuestra actividad deportiva de manera exponencial", destacou o xerente, quen para o que esta cuestión "es una buena noticia para toda la comarca de O Salnés y sus ciudadanos en su lucha por desestacionalizar el turismo en la zona".
UN TRABALLO DE FONDO
O Real Club Náutico de Sanxenxo, xunto ao Concello de Sanxenxo e Nauta Sanxenxo, traballaron durante os últimos anos co firme obxectivo de que o club puidese ter unhas instalacións propias. Finalmente, en maio de 2012 Portos de Galicia aprobaba a concesión da lámina de auga por 25 anos. Tan só medio ano despois facía o propio co proxecto presentado polo club presidido por Pedro Campos.
Desde a firma do acta de reformulo ata a instalación da caseta de obra e a baixada da pontona ao auga para pilotar pasaba unha semana e todo parece indicar que, se se cumpren as previsións iniciais, nun prazo máximo de tres meses os usuarios dos pantaláns do Real Club Náutico de Sanxenxo poderán atracar os seus barcos.