Ponte1Reto entrega unha solidaria bicicleta adaptada á asociación Amencer-Aspace
Por Redacción
Amencer- Aspace recibía este mércores a bicicleta adaptada que o equipo deportivo Ponte1Reto mercou grazas ás axudas económicas recibidas ao longo do ano 2017 e á colaboración dos patrocinadores.
Desta forma cúmprese co propósito que este equipo decidiu levar a cabo a comezos de tempada para que os menores de idade con parálise cerebral e outros trastornos neuro-motores puidesen dispoñer dunha bicicleta destas características.
Coa doazón, estes usuarios de Amencer-Aspace poden gozar da actividade ciclista.
O vehículo combina a robustez e estabilidade da bicicleta coa comodidade da cadeira adaptada. Cada unha das partes pode ser montada e desmontada do cadro, de forma que se adapta a diferentes usos.
Relacionadas:
-
Amencer-Aspace organiza unha gala solidaria para adquirir novas bicicletas adaptadas
Por Redacción |
-
Ponte1Reto abordará o Camiño de Santiago Portugués en homenaxe a un compañeiro accidentado
Por Redacción |
-
Gonzalo Caballero reivindica o "compromiso social" do PSdeG nunha visita a Amencer
Por Redacción |
-
Novas ilusións e obxectivos solidarios para o equipo Ponte1Reto
Por Redacción |