As 71 hortas urbanas de Marín, por sorteo
Por Redacción
O Concello de Marín celebrou este venres un sorteo no salón de plenos do consistorio para adxudicar as 71 hortas urbanas que se poñen a disposición da veciñanza este ano 2018.
Segundo informou o Concello, houbo un total de 86 solicitudes para 71 hortas, de modo que se optou por realizar un sorteo, no que estiveron presentes a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, e unha funcionaria municipal.
O sorteo discorreu con normalidade, coa única anécdota de que as mans inocentes utilizadas para realizalo foron dous xornalistas locais de Marín que acudiron para cubrir o acto. Unha vez rematado, xa se fixo pública a lista de adxudicatarios e dos que quedaron na lista de espera.
Marián Sanmartín anunciou que o Concello realizará un control para confirmar que os peticionarios son os que realmente explotan as hortas, pois quedou xente en lista de espera e teñen constancia de queixas de que existen persoas que traballan varias hortas que non están adxudicadas ao seu nome.
Relacionadas:
-
Marín amplía ata o 20 de xaneiro o prazo para optar a unha horta urbana
Por Redacción |
-
Na segunda quincena de decembro ábrese o prazo para solicitar unha horta urbana en Sequelo
Por Redacción |
-
Nova oportunidade para cultivar nas hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción |
-
Adxudicadas as hortas urbanas do Sequelo
Por Redacción |
-
Marín volverá sortear 18 hortas urbanas sobrantes
Por Redacción |