A Plataforma de Defensa do Verdugo aplaude que Augas de Galicia revogue a urxencia do trasvasamento
Por Redacción
A Plataforma en Defensa do río Verdugo (Pladever) mostrou a súa satisfacción ante a decisión de Augas de Galicia de revogar a declaración de urxencia para acometer as obras de transvasamento do Verdugo. Desde este colectivo enténdese que, desta forma, pódense estudar alternativas eficaces sen causar problemas medio ambientais e adoptando medidas para lograr un uso responsable da auga.
Fernando Malvar, portavoz de Pladever, manifesta que é necesario que cada un dos concellos implicados debe buscar solucións satisfactorias para preservar o ecosistema e a biodiversidade da conca dos ríos Oitavén e Verdugo.
Este colectivo cre que o estudo realizado por expertos en diversas materias desde un punto de vista científico para esta plataforma debe servir de base para adoptar "decisións racionais".
Entenden que é preciso estudar outras opcións como unha auditoría da rede de abastecemento para evitar fugas da 40% da auga captada no encoro de Eiras, a procura de captacións subterráneas ou a instlación de minidesalinizadoras para zonas do sur da provincia.
Representantes da plataforma manterán diversos encontros a partir do luns 15 con representantes públicos dos concellos afectados polos problemas de auga como Cangas ou Moraña.
Relacionadas:
-
Un estudo alerta da "grave incidencia" que tería o transvasamento sobre o Verdugo
Por Redacción |
-
A Xunta non renuncia ao transvasamento do Verdugo pero esixe "consenso" entre os implicados
Por Alejandro Espiño |
-
Andrés Diaz pide por carta a Augas de Galicia que dea carpetazo definitivo ao transvasamento
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas e Soutomaior manteñen ante Augas de Galicia a súa negativa ao transvasamento do Verdugo
Por Redacción |
-
A Oficina Técnica da Seca constata a mellora da situación das concas do Verdugo e do Lérez
Por Redacción |
-
Pladever conta cun estudo que valora como ineficaz o transvasamento do río Verdugo
Por Redacción |