O acondicionamento das novas oficinas municipais de Ferreiros custará outro millón de euros máis
Por Oskar Viéitez
O acondicionamento das novas oficinas que comprou o Concello de Pontevedra na esquina das rúas Ferreiros e Pardo Bazán custará 1.100.000 euros, segundo a estimación do concelleiro de Facenda, Raimundo González. A compra deste local de 1.328 metros cadrados, repartidos en dúas plantas, custou ás arcas municipais un total de 1.152.000 euros.
Estas oficinas converteranse nas maiores dependencias administrativas do Concello, segundo apuntou Raimundo González. Ata alí trasladaranse un total de 72 funcionarios (máis que os que actualmente traballan na sede principal de Michelena, 30).
Raimundo González presentou este xoves o proxecto básico de adaptación interior para este local, que foi redactado despois de escoitar as necesidades expostas por cada un dos servizos que alí se situarán. A previsión é que as obras poidan empezar en outono deste ano.
- A planta baixa ocuparana os servizos de:
- Rendas-Xestión Tributaria (actualmente en Jofre de Tenorio)
- Tesourería e Inspección tributaria (no edificio de Michelena)
- A primeira planta acollerá:
- Oficina técnica de Fomento (edificio de Churruchaos)
- Medio Ambiente, Urbanismo e Patrimonio histórico (edificio de Churruchaos)
- Oficina técnica de Licenzas e Inspección (agora no Teatro Principal)
- Oficina técnica do ARI (no Teatro Principal)
- Servizo de Disciplina urbanística e Multas (no Teatro Principal)
A posta en marcha destas novas dependencias non resolve definitivamente os problemas de dispersión das oficinas municipais xa que seguirán operativas as ofinas situadas na rúa Churruchaos, no Teatro Principal, e na antiga casa consistorial, ademais da sede principal de Michelena.
Raimundo González lembrou que esta compra evitará seguir pagando un aluguer de 42.057,60 euros anuais polo baixo da rúa Jofre de Tenorio.
Ademais o concelleiro de Facenda insistiu en que as novas oficinas de Ferreiros mellorarán a atención cidadá e as condicións de traballo dos empregados públicos destes servizos.
Relacionadas:
-
As novas dependencias municipais na rúa Ferreiros abrirán ao público no primeiro trimestre do ano
Por Redacción |
-
A reforma do local de Ferreiros sairá a licitación antes do remate do ano
Por Redacción |
-
A nova sede municipal dos Ferreiros estará operativa a mediados de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra quere que o Concello reactive a negociacion da RPT
Por Oskar Viéitez |
-
Os profesionais recibirán atención telefónica por parte dos servizos urbanísticos do Concello
Por Alejandro Espiño |
-
O orzamento municipal de 2018 péchase en 75 millóns
Por Alejandro Espiño |
-
O local dos Ferreiros xa é de propiedade municipal
Por Alejandro Espiño |
-
Só queda entregar o talón para que o Concello adquira o novo local municipal
Por Redacción |