Cuntis pide ao Goberno de Rajoy solventar a perigosidade da N-640 nas curvas de Castroloureiro
Por Redacción
Os veciños de Cuntis atópanse preocupados polo mal estado do firme da estrada N-640 ao seu paso entre os concellos da Estrada e Cuntis. Na memoria de Protección Civil de Cuntis en 2017 numerosos accidentes de tráfico, segundo a memoria de Protección Civil, rexistráronse nesta zona.
Chegáronse a contabilizar seis sinistros nun tramo polo que pasan 5.000 vehículos diarios cun trazado perigoso e moitoa arboreda que propicia que o firme estea mollado durante gran parte das xornadas. Esta situación provoca que a calzada se converta en escorregadiza.
Ante este perigo, o alcalde de Cuntis Manuel Campos solicitou a través do grupo parlamentario socialista que presenten unha proposición non de lei para reclamar ao Goberno de Mariano Rajoy unha reforma do tramo coñecido como Curvas de Castroloureiro, que se atopa entre os puntos quilométricos 209 e 210, entre as parroquias de Troáns e Portela e tamén solicita a mellora das interseccións no eixo das parroquias Anllada-Couselo.
Os deputados socialistas Guillermo Meijón e Dolores Galovart visitaron a zona co alcalde de Cuntis para comprobar ese problema nesa contorna derivada tamén polo radio que teñen as curvas.