Marín estrea a primeira edición dos Cantos de Taberna e da Mostra de Camelias
Por Redacción
Marín estrea unha primeira edición dos Cantos de Taberna e da Mostra de Camelias.
A I Mostra Marín, Camelias e Mar desenvolverase o sábado 3 e o domingo 4 de febreiro no Museo Manuel Torres. Preto de 40 expositores participarán nesta exposición de flor natural que estará acompañada dunha mostra de pintura de Rosa Crespo, e outra exposición de fotografía.
E desde o 9 de febreiro Marín acollerá a I edición de Cantos de Taberna, organizada polo grupo Saljariteiros, na que participarán distintos bares e tabernas da vila marinense, o segundo venres de cada mes, desde febreiro a xuño, ambos os incluídos.
Saljariteiros e o Concello convidan a toda a veciñanza a acudir a estes encontros, nos que gozarán da boa música cos grupos participantes, poderán cantar con eles e pasar unha noite agradable.