Telmo Martín explica aos propietarios da Carabuxeira os seus proxectos de rexeneración para a zona
Por Redacción
Telmo Martín ten previsto dotar á zona da Carabuxeira dunha senda peonil que permita gozar de vistas privilexiadas e recuperar a fachada marítima desa parte de Sanxenxo.
Así o expuxo o alcalde aos propietarios desa contorna durante o encontro que mantiveron na mañá deste luns, coa presenza dos concelleiros María Deza e Daniel Fernández.
Trátase dunha toma de contacto na que o equipo de goberno amosou a súa sorpresa porque algúns propietarios non consideran necesaria esta senda. A idea é que en próximas entrevistas chéguese a un consenso entre as partes para poder mellorar a zona, máis aló da rexeneración do areal.
Na tarde deste luns no consello de administración de Nauta Sanxenxo informábase da adxudicación á empresa redactora do proxecto dunha modificación para incluír o paseo. A iniciativa do Concello é crear unha mellora definitiva, que permita a rexeneración desta contorna.
Relacionadas:
-
Así é o proxecto definitivo para A Carabuxeira: 24.500 metros cúbicos de area similar á de Silgar
Por Redacción |
-
Sanxenxo entrega a Costas o proxecto da Carabuxeira para a súa avaliación ambiental
Por Redacción |
-
Primeira reunión de Costas, Portos e Concello para abordar a mellora da Carabuxeira
Por Redacción |
-
Sanxenxo aposta por un proxecto para a praia da Carabuxeira que inclúa unha senda peonil
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere negociar con Costas o depósito de area en Carabuxeira
Por Oskar Viéitez |