Cores Tourís asegura que o Concello "discrimina" aos veciños de Monte Porreiro por non soterrar a liña de alta tensión
Por Oskar Viéitez
A asociación de veciños O Mirador de Monte Porreiro, solicitou unha entrevista co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, para analizar a situación do soterramento da liña de alta tensión que atravesa esta zona da cidade.
O delegado confirmou que a próxima semana sentarase cos veciños para informarlles da situación. Recordou que debe ser o concello quen pida a axuda que ofrece a Xunta de Galicia a través dunha liña de subvencións para soterramento de liñas eléctricas da Consellería de Economía e Industria.
"Fenosa chegou a un acordo coa Xunta de Galicia para executar as obras pero o concello volveu a negarse a acollerse a liña de axudas que abriu a Consellería o ano pasado. ÿ un erro que non entendemos, xa que acolléndose a esta subvención incluso podería incluír na mesma a obra civil, co cal o custo sería moi reducido para o municipio", explicou José Manuel Cores Tourís. "Seguimos sen entender a actitude do concello que o único que provoca é unha discriminación con estes veciños que teñen que vivir con esta liña de alta tensión atravesando o barrio".
HUMANIZACIÿN DO BARRIO
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou que os traballos de humanización no barrio pontevedrés de Monte Porreiro están a piques de rematar "e estarán rematados moi pronto, xa que segundo nos confirma a empresa encargada da obra, xa se executou o 97% dos mesmos".
Esta obras de mellora da rúa Alemaña tiveron un orzamento de máis de 1,2 millóns de euros nesta primeira fase e "con elas buscamos cumprir un dobre obxectivo: o estético, beirarrúas máis anchas, mellora dos espazos públicos con máis árbores, e instalando novo mobiliario urbano; e o funcional, reordenando aparcadoiros e mellorando a rede de saneamento", apuntou o delegado territorial. "Incluso aproveitamos para executar unha pequena parte da rúa que quedaba fora do proxecto e que fora demandada polos veciños", engadiu Cores Tourís.
Jacobo Moreira: "Agora toda esta zona parece un pequeno paraíso"
O portavoz do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira, invitado á visita polos veciños da urbanización, asegurou que "agora toda esta zona parece un pequeno paraíso. Cambio do negro ao blanco", engadiu que "esto ven a demostrar que a Xunta de Galicia está comprometida cos veciños de Monte Porreiro e que se fixo un esforzo, a pesar da crise, para executar esta obra".
Pola súa banda, os veciños, coa presidenta da asociación ao frente, Milagros Durán, trasladaron ao delegado territorial a súa satisfacción pola execución destes traballos "Estamos realmente contentos", asegurou.
Relacionadas:
-
Bará pide á Xunta que obrigue a Fenosa a soterrar a liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O Bloque pedirá á Xunta o soterramento da liña de alta tensión de Monte Porreiro
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta devolve ao tellado do Concello o atraso no soterramento da alta tensión de Monte Porreiro
Por Redacción |
-
Protestan contra Xunta e Concello pola alta tensión
Por Oskar Viéitez |