Pontevedra álzase contra o cancro e pide ao Goberno sensibilidade cos enfermos que quedan sen recursos
A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizou unha concentración con voluntarios e outros colaboradores xunto a nenos de colexios de toda a cidade nun acto que tiña como obxectivo a visibilización desta enfermidade e quen a sofre.
Centos de paraugas verdes abríanse na Praza da Peregrina e un dron capturaba desde o ceo as pancartas alzadas polos voluntarios, co lema "Nos tienes aquí". Ademais, ao longo da cidade realizábanse concentracións en colexios con motivo do día mundial contra o cancro, que se celebrará o vindeiro domingo 4 de febreiro.
A organización do evento eloxiaba a asistencia, que convocou a máis de 300 voluntarios de diferentes institucións e colectivos da cidade, éxito que se suma á recolección de máis de 20.000 euros do rastro do Nadal e as máis de 800 persoas reunidas durante a marcha contra o cancro que tivo lugar en Caldas a finais do pasado ano.
O Observatorio do Cancro de AECC arroxou á luz os datos da enfermidade por provincias no ano 2017, no que se detectaron máis de 5.000 novos casos, o que coloca a Pontevedra entre as 15 con máis casos incipientes. O cancro de colon lidera a lista con maior número de casos, seguido do de próstata, pulmón e mama, e o maior aumento prodúcese sobre todo en homes maiores de 75 anos.
Josefa Crespo, presidenta da xunta directiva de AECC eloxiaba o aumento do número de enfermos que acoden á asociación, que busca sobre todo atender ao colectivo de autónomos e persoas en risco de exclusión ou desatendidas, que forman parte do grupo de maior risco. A concentración tiña por obxectivo chamar a atención destes colectivos e demostrarlles que non están sós na loita contra o cancro.
Relacionadas:
-
O programa de detección precoz do cancro de mama explorou o pasado ano a 4.903 mulleres da Boa Vila
Por Redacción |
-
Un programa preventivo do cancro axudou a diagnosticar a 39 novos pacientes
Por Noelia Torres Pintos |
-
Ángeles Rubio, paciente que superou un cancro de mama: "Hai que afrontalo con serenidade e con ganas de vivir"
Por Anxo Lourido & Gabriela Varela Asorey |
-
A Asociación de Cancro de Mama estrea sede en Pontevedra: a Casa Azul
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
De rosa contra o cancro de mama
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A asociación contra o cancro inicia un novo curso para deixar de fumar
Por Redacción |