O cambio dunha conxunción crucifica a Vilaboa
Por Oskar Viéitez
Catrocentas vivendas do Concello de Vilaboa están desde esta semana fora do marco legal logo da reforma de Lei de Costas aprobada na comisión de Medio Ambiente do Senado.
Os tres grupos con representación municipal PSOE, PP e BNG se rebelan contra esta norma ata o punto de que este venres o alcalde de Vilaboa, o socialista José Luís Poceiro e a portavoz municipal do PP, Beatriz Rosendo, crucificaronse xunto a outros dous afectados pertencentes á plataforma Salvemos Vilaboa.
No caso da concelleira popular a decepción co seu partido é tal que sopesou a posibilidade de abandonar a militancia no PP.
Logo de máis de dous anos de protestas, reunións e reivindicacións, cando o actual Goberno empezou a tramitar a reforma desta lei o PP introduciu unha enmenda ao texto que abría a porta a regularizar a maior parte das edificaciones dos núcleos costeros si se cumprían unha serie de requisitos.
Antes os núcleos que quixesen regularizarse tiñan que cumprir cunha as dúas condicións básicas, ou unha "ou" a outra, mentres que agora teñen que cumprir coas dúas, a unha "e" a outra. Cousa de conxuncións.