Bueu reparte trampas para combater a invasión da avespa velutina
Por Redacción
Aquelas persoas que se presentaron voluntarias para colocar trampas profesionais co obxectivo de facer fronte á invasión da avespa velutina teñen unha cita este sábado 3 no Centro Social do Mar de Bueu.
A Asociación Galega de Apicultores (AGA) e o Concello organizaron un encontro con máis de 60 persoas a partir das 20.30 horas nunha convocatoria na que se poden seguir apuntando voluntarios que desexen ser tramperos.
Ao longo do último mes mantivéronse varios encontros nas parroquias para abordar este problema a cargo do delegado de AGA Morrazo, José María Bello. Durante estas sesións aprendíase a elaborar trampas caseiras e repartíase material didáctico para facer fronte á avispa asiática.
Este sábado repartiranse trampas para que se instalen en diferentes puntos do municipio e evitar que esta especie tan daniña para as abellas siga estendéndose. Recoméndase levar botellas de plástico de medio litro.
O Concello de Bueu adheriuse en 2017 á Plataforma Stop Vespa Velutina, desde onde se esixe á Consellería de Medio Ambiente e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que investigue e fomente a loita preventiva contra este insecto.
Relacionadas:
-
Actos, charlas e reparto de material para acabar coa avespa velutina en Bueu
-
Repartimento de 200 trampas no inicio da campaña contra as velutinas
Por Redacción |
-
Bueu considera "nefasta" a xestión da Xunta na retirada de niños de velutina
Por Redacción |
-
Charlas para saber actuar contra a avespa asiática
Por Redacción |
-
A Deputación financia unha investigación da Universidade de Vigo para frear a expansión da avispa velutina
Por Oskar Viéitez |
-
RADIO.- Stop Velutina: "Sen abellas desaparecerían tres cuartas partes dos produtos que comemos"
Por Marisa Ciordia |