Charo Lorenzo declarou coma imputada ante a xuíza
Por Oskar Viéitez
"Tranquila, moi tranquila", foi o único que dixo Charo Lorenzo tras prestar declaración durante unha hora ante a titular do xulgado do penal número 1 da capital. A secretaria da Cámara de Comercio de Pontevedra, chegou acompañada do seu avogado ao edificio dos xulgados da Parda pouco antes das dez da mañá.
Tras varios meses de investigacións o fiscal de delitos económicos, Augusto Santaló, querellouse contra a secretaria xeral da Cámara de Comercio, por percibir presuntos cobros dunha empresa de promoción a soldo da entidade cameral e irregularidades no contrato subvencionado pola Xunta.
O fiscal explicou que "agora a investigación continúa". A raiz da comparecencia de Charo Lorenzo será chamado a declarar o empresario do que presuntamente recibiu o diñeiro, José María Lago, "ademais practicaranse outras dilixencias, probablemente de tipo contable", afirmou o fiscal.
En principio a fiscalía non chamará a declarar aos directivos da Cámara durante os dous últimos mandatos "agora, non sei que decidirá a xuíza", dixo Santaló.
De momento negouse a personación nesta causa a un empresario que mostrou o seu interese por formular acusación particular.
Tras unha denuncia de empregados da cámara, a fiscalía abriu unha investigación que se centrou nos extractos bancarios da secretaria. Púidose constatar que Lorenzo aparece como autorizada na conta do empresario polo menos desde 2006 e ata mediados de 2012 e que se produciron pagos presuntamente irregulares á funcionaria.
Lorenzo enfróntase a unha pena de cárcere e a inhabilitación se, ademais dun posible delito de negociacións prohibidas a funcionarios, constátase o de prevaricación e suborno polos 15.720 euros que cobraría. A empresa contratada pola Cámara é Contrato Em Comunicaçoes Empresariais, que a cambio de asesoramiento en Brasil recibe 3.800 dólares mensuales subvencionados pola Xunta.
Pola súa banda o Presidente e Comité Executivo, dous dos tres órganos executivos da Cámara de Comercio de Pontevedra, din estar "á marxe do proceso xudicial no que se viu involucrada a secretaria xeral".
Así o aseguran nun comunicado difundido pola Cámara no que afirman que "seguirán traballando gratuitamente. Ninguén cobra un só euro".
Relacionadas:
-
O primeiro xuízo penal contra a secretaria da Cámara de Comercio, o 13 de xuño
Por Natalia Puga |
-
Piden tres anos de prisión para a secretaria da Cámara por aceptación de suborno
Por Redacción |
-
Desbloquean o proceso xudicial por presuntos cobros irregulares contra a secretaria da Cámara
Por Natalia Puga |
-
Dimite o presidente da Cámara tras aprobar catro despedimentos e rebaixar o soldo ao resto do persoal
Por Oskar Viéitez |
-
A Cámara de Comercio, en horas baixas: denuncias, irregularidades contables e agora... despedimentos?
Por Oskar Viéitez |
-
A secretaria da Cámara, Charo Lorenzo, declara como imputada ante o xuíz
Por Redacción |