Cuntis prepara a conexión do saneamiento en Portela e a mellora da depuradora de Loureiro
Por Oskar Viéitez
O Concello de Cuntis iniciou a redacción do proxecto para a conexión dos colectores principais á rede de saneamento do lugar de Portela, así como a mellora da depuradora de Loureiro.
Unha primeira fase desta obra xa se executou no núcleo de Portela, faltando a súa conexión á estación depuradora, da que o Concello ten que facer un estudio sobre a súa capacidade de depuración e tratamento.
Na actualidade a depuradora dá servizo a uns 64 veciños, polo que despois das obras pasará a dar servizo a un total de 180 habitantes. A depuradora foi instalada fai 18 anos.
A obra ten a complexidade de cruzar a estrada nacional N-640 á altura da interseción coa estrada da Deputación de Pontevedra, e un tramo que discorre pola marxe esquerda da N-640 no núcleo de Novás.
O Concello pretende que a Deputación financie estas obras aínda que a súa tramitación será longa por depender de autorizacións de outras administracións.