Pontevedreses ás portas do xuízo do Prestige: agora vémonos todos outra vez coas mans negras
Por Natalia Puga
Pontevedra e as comarcas das Rías Baixas estiveron esta mañá presentes no xuízo do Prestige que se iniciou, dez anos despois da marea negra de novembro de 2002, na Audiencia Provincial de A Coruña.
Medio cento de persoas fixeron uso do autobús facilitado pola plataforma cidadá Nunca Máis e o sindicato CIG dende a capital para acudir á concentración convocada ás portas do recinto no que se celebra, ExpoCoruña.
A histórica representante da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) Nené González foi unha das que se achegou ata A Coruña. Mentres os seus compañeiros coreaban cántigos reivindicativos ela non puido evitar botar man da nostalxia: Agora vémonos todos outra vez comas mans negras e cos aparatos respiratorios comprometidos, recordou.
Nené González foi no autobús xunto a outras entre 20 ou 30 persoas da APDR, pero sinalou que entre os pontevedreses que participaraon na concentración convocada por Nunca Máis (que xuntou a máis de 300 persoas) predominan "cidadáns dos que foron ao chapapote", militantes e simpatizantes do BNG y "sobre todo, cidadáns responsables".
Segundo explicou, a súa presenza responde "simplemente ao desexo de facer ver que esta non era a xustiza que esperaban os cidadáns, queríamos sentados no banco como acusados aos responsables políticos, como Fraga ou Rajoy, que dixo aquilo de que non nos preocuparamos porque eran solo hilillos de plastilina".
O deputado do BNG por Pontevedra Bieito Lobeira estivo tamén entre os presentes, pero máis en calidade de marinense que "foi limpar chapapote" que como político. Neste senso, resaltou o "mérito dos cidadáns que aínda que é día laborable está aquí" e que isto demostra a "memoria viva do pobo galego, que fai responsable de todo ao Goberno español".
Lobeira coincidiu co discurso xenérico de Nunca Máis de que os resposables políticos da catástrofe "non están acusados" e exprica que "isto provoca, primeiro, una sensación de impotencia e despois de desesperación". Criticou, así mesmo, que "non se adoptaron as medidas suficientes neste anos" e Galicia é "xunto a Sudáfrica, o primeiro lugar do mundo que sufre máis mareas negras".
Relacionadas:
-
Os veciños de Eduardo Pondal homenaxean a Nené González polo Día da Muller
Por Redacción |
-
O Prestige, sen culpables
Por Natalia Puga |
-
Bágoas do capitán do Prestige o día que Galicia chora a década da catástrofe
Por Natalia Puga |
-
Nunca Máis de Pontevedra maniféstase hoxe na Coruña no inicio do xuizo do Prestige
Por Redacción |
-
A Plataforma Nunca Máis volve para evitar outro "Prestige"
Por Anxo Lourido |