'Si, quero' ou como solucionar a túa voda nunha soa fin de semana
Estás organizando a túa voda? Os teus fillos están a piques de facer a comuñón? Se a resposta é afirmativa poida que sexas un dos centos de pontevedreses que este fin de semana achegáronse a Si, quero, o primeiro Salón de Eventos, Vodas e Grandes Celebracións de Pontevedra. Durante dous días, o Recinto Ferial converteuse en cita obrigada para todas aquelas persoas que, principalmente, están a pensando en pasar polo altar.
Máis de 2.000 metros cadrados de exposición no que medio cento de empresas do sector, maioritariamente de Pontevedra, presentaban as últimas tendencias para vodas, bautizos, comuñóns ou celebracións varias.
Alí podiamos atopar desde floristerías, fotógrafos, empresas de cátering, xoierías, axencias de viaxes e de transporte, pastelerías, empresas de decoración, xastres e modistos especializados en vestidos de noiva, de festa e traxes masculinos... todo o necesario para que nunha boa celebración non falte detalle.
A oferta de Si, quero completouse ademais con varios desfiles de traxes de noivo, noiva e de festa, nos que diferentes casas comerciais mostraron as súas propostas para esta tempada, demostracións de perruquería e maquillaxe e varias actuacións musicais que fixeron as delicias dos asistentes a esta feira.