A Cruz Vermella pide ós pontevedreses que se 'lancen' ao voluntariado
Este xoves 8 de febreiro, a Cruz Vermella saíu á rúa na procura da incorporación de novos voluntarios baixo o lema 'Lánzate'.
Durante toda a xornada, integrantes desta oraganización instaláronse na Praza de Compostela, a zona da Peregrina e o Hospital Provincial informando ós cidadáns de por qué é tan importante axudar nesta iniciativa. A acollida por parte dos veciños da cidade foi moi boa según conta Javier Tovar, voluntario da Cruz Vermella, que afirma que Pontevedra é unha cidade moi solidaria.
As accións desta campaña levan en activo dende o inicio do ano, e xa se levaron a cabo charlas divulgativas sobre o voluntariado na Cruz Vermella. Así mesmo, durante todo o mes de febreiro continuarán en activo desenvolvendo accións divulgativas.
Esta campaña procura incorporar ó voluntariado a xente de todas as idades, pero sobre todo a xente de a partir de 55 anos, que dispoñen de maior tempo libre e son ideais para a axuda que se busca. Un apoio físico que vai, dende axudar en ámbitos como poden ser a violencia de xénero, os nenos abandoados ou a xente sen recursos, ata acompañar a persoas que carecen de coidadores que lles asistan ou lles axuden a desprazarse para labores cotiás como ir ó banco ou facer a compra.
Na actualidade máis de 500 persoas colaboran de maneira atruista no desenvolvemento de todo tipo de programas de acción que prestan axuda a máis de 10.000 pontevedreses. Cada vez existe máis demanda de servizos sociais e créanse novos proxectos emerxentes que necesitan a colaboración de máis voluntarios, sen os cales brindar este tipo de axuda non sería posible.
Con esta iniciativa a Cruz Vermella espera incrementar os seus activos e extender as suas accións de voluntariado sen deixar de lado ningún tipo de acción social por falta de recursos humáns.