Libera ofrece a súa axuda para redactar a ordenanza municipal de protección animal
Por Redacción
A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber decidiron tender a man ao Concello de Pontevedra para redactar a nova ordenanza de protección animal que se prevé aprobar en cumprimento do acordo plenario adoptado xa hai un ano por unanimidade da corporación.
Os animalistas aspiran a lograr un borrador da nova norma local antes do verán, a través dun proceso participativo no que se poida involucrar aos grupos políticos, entidades veciñais, protectoras e refuxios e ás organizacións impulsoras deste proxecto, para situar a Pontevedra na 'cabeza' dos municipios preocupados pola protección animal.
Cabe lembrar que o Concello de Pontevedra xa iniciou eses trámites de consulta a partidos e colectivos tras a aprobación da moción de Marea, pero este novo ofrecemento chega ao cumprirse un mes da entrada en vigor da Lei de Benestar Animal de Galicia e transcorrido un ano desde a aprobación da moción.
Estes dous colectivos sinalan a urxencia de que Pontevedra conte coa súa primeira ordenanza específica, superando un único bando de Alcaldía que se centraba en cuestións de tenencia, hixiene e seguridade, para crear unha normativa local que inclúa compromisos en materia de sensibilización, convivencia responsable e educación, como o desenvolvemento de campañas para fomentar a adopción ou evitar casos de abandono.
A introdución de propostas económicas nos orzamentos municipais de 2018 é tamén outra das vantaxes á hora de desenvolver esta nova ordenanza, xa que, por primeira vez, a Boa Vila conta con partidas económicas específicas para crear un servizo de recollida de animais extraviados, abandonados ou mortos por primeira vez desde a década dos noventa, ou para elaborar iniciativas para concienciar aos pontevedreses.
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra presenta ao BNG unha batería de propostas dirixidas aos barrios e ao rural
Por Oskar Viéitez |
-
Os animalistas reclaman datos sobre a redacción da ordenanza de protección animal
Por Redacción |
-
Estas son as primeiras achegas á nova ordenanza de protección animal
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello consultará con colectivos animalistas e veterinarios a ordenanza de protección animal
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra terá nova ordenanza de terrazas e de protección animal
Por Alejandro Espiño |