O PSOE pide un estudo serio para remunicipalizar o servizo de auga en Pontevedra
Por Redacción
Tino Fernández, portavoz do grupo municipal do PSOE, considera necesario paralizar o proceso de adxudicación da xestión do servizo de abastecemento de auga en Pontevedra, que se atopa en marcha, para acometer un estudo serio sobre a remunicipalización desta área.
"Non somos máis parvos que París, onde a municipalización supuxo xa no primeiro ano un aforro de máis de 30 millóns de euros e unha baixada no recibo dos cidadáns de ata un 8%. Ese é o modelo que queremos", indica o representante socialista.
Desde o PSOE critican o procedemento que se está levando a cabo para a adxudicación. Entenden que se están outorgando puntuacións sen xustificación porque os criterios de baremación van cambiando ao longo do proceso. Fernández afirma que todo o informe "é pura discrecionalidade".
Lamenta que o alcalde Fernández Lores sexa incapaz, segundo apunta, de xestionar os asuntos importantes do Concello para deixalos en mans de empresas privadas.
Asegura tamén que o contrato da xestión da auga nace viciado pola aprobación dun prego de cláusulas claramente laeado "a favor de determinados intereses". O contrato ascende a 130 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Medran no PP as dúbidas e suspicacias sobre á licitación do contrato da auga
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local cre que a oposición "falta ao respecto aos técnicos municipais"
Por Redacción |
-
O PP pide un pleno extraordinario para que Lores "explique" o contrato da auga
Por Redacción |
-
Pontevedra non paralizará o concurso da auga
Por Alejandro Espiño |
-
O contrato da auga, en cuestión
Por Alejandro Espiño |