Sanxenxo e O Grove avanzan nun proxecto conxunto como destinos turísticos intelixentes
Por Redacción
Representantes municipais de Sanxenxo e O Grove mantiveron este luns unha terceira reunión de traballo para redactar un proxecto conxunto co que presentarse a unha convocatoria para converterse en destinos turísticos intelixentes.
A reunión ten como obxectivo solicitar as axudas convocadas pola Sociedade Mercantil Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas (Segittur) de forma conxunta para poder ser máis competitivos, ofrecer mellor calidade de vida aos seus residentes e mellorar a experiencia turística dos visitantes.
A reunión produciuse no Concello do Grove e contou coa presenza dos alcaldes de ambos os municipios, José Cacabelos e Telmo Martín, e os concelleiros de Turismo e técnicos desas concellerías.
O prazo de presentación de proxectos termina o próximo 22 de febreiro e os que saian seleccionados coñeceranse no mes de maio. Para poder presentarse, unha cidade ten que superar os 20.000 habitantes, por iso é polo que Sanxenxo e O Grove decidiron facelo conxuntamente, xa que por separado non alcanzan esa cifra. Xuntos suman 28.000 habitantes.
Ademais da suma de poboación, Sanxenxo e O Grove cumpren, conxuntamente, indicadores da orde de axudas como ser os dous únicos puntos turísticos clasificados como tal polo INE na zona e por compartir territorio e similitudes na xestión como destino turístico.
Sanxenxo e O Grove xa teñen un borrador valorado en 1,5 millóns de euros e ambos os concellos están a ultimar detalles do mesmo. Ambos os alcaldes coinciden en tomar como centro prioritario do proxecto acciones dirixidas a xestionar e mellorar a seguridade cidadá e o tráfico.
Relacionadas:
-
Sanxenxo e O Grove unen esforzos tecnolóxicos e ambientais para ser 'Destinos Turísticos Intelixentes' en 2022
Por Redacción |
-
Sanxenxo e O Grove prevén iniciar tras o verán os proxectos para ser destinos turísticos intelixentes
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local de Sanxenxo pretende instalar cámaras para controlar o tráfico
Por Oskar Viéitez |
-
O Ministerio de Economía cofinanciará os proxectos de turismo intelixente da Deputación e a Mancomunidade do Salnés
Por Oskar Viéitez |
-
A ocupación hoteleira incrementa as súas cifras na provincia respecto o ano anterior
Por Alejandra Iannone |
-
Pontevedra e Portugal, unidos polo turismo
Por David Arana |