O bo tempo animará a 'traca final' das festas do Entroido en Pontevedra
O mal tempo decidiu dar tregua á cidade. As nubes densas que acompañaron o Entroido deste ano disipáronse, e os paraugas deron paso ás lentes de sol, que xa adornan a cara dos pontevedreses. Ante ese panorama favorecedor, o Concello de Pontevedra deu vía libre á celebración dos actos que foran aprazados a anterior fin de semana polas complicacións meteorolóxicas, alongando a festividade ata o sábado 24 de febreiro.
A noite do venres 23 de febreiro, dez agrupacións competirán na XXII Mostra da Parodia, dando o seu inicio ás 22.30 horas. Desta maneira, a programación terá lugar nas zonas máis emblemáticas do centro:
- Os do Val do Lérez: Praza de España
- Vamos a Todo: soportales da Ferrería
- Amoriños de Bora: Praza da Peregrina
- Os das Pistas: diante de Casa Alcalde
- Recriativa de Xeve: cruzamento das rúas Michelena-Gutiérrez Mellado
- Os de Sempre: Praza de Curros Enríquez
- O Land Rober en Directo: Praza do Teucro
- Equipo Ja: Rúa Benito Corbal, diante do estanco
- Benito Soto y los Bailones de Nunca Jamás: Rúa Alfandega
- Cotilleemos PTV: Rúa Manuel Quiroga
A tan ansiada Festa Pirata de Entroido Infantil será celebrada o sábado 24 de febreiro, a partir das 17.00 horas. Os máis pequenos poderán gozar dunha programación a súa medida, empezando coa animación do grupo Rivel e varios DJ na Praza da Ferrería. Ás 22.00 horas realizarase o desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico da man das asociacións Combrus e Troula.
Por último, as rúas continuarán co seu ambiente carnavalesco coas seguintes comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Olodum do Coio, Vamos a Todo y Equipo Ja.
Relacionadas:
-
A retranca enche as rúas de Pontevedra coa Mostra da Parodia
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O tempo dará un respiro para o final do Entroido
Por David Arana |
-
O loro Ravachol morreu. Viva Ravachol!!!
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O mal tempo obriga a adiar unha semana a XXIII Mostra da Parodia
Por Redacción |
-
As intensas choivas obrigan a suspender a festa infantil e a Noite Pirata
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Es quen de atopar o loro Ravachol no cartel da programación do Entroido 2018?
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |