The Wine Society protagoniza unha cata de 40 marcas de Rías Baixas
Por Mónica Patxot
Dous membros de The Wine Society visitan estes días bodegas nas diferentes subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas. Con tal motivo o seu xefe de compras, Pierre Mansour, púxose en contacto co Consello Regulador para realizar unha cata de viños.
Pierre Mansour e outro membro da Asociación cataron 40 marcas de Rías Baixas, de colleitas 2011 e 2012, no Pazo de Mugartegui. O que máis chamou a atención a este prescriptor é "a gran diversidade que hai nos viños de Rías Baixas, elaborados a partir da variedade albariño" admite Mansour.
O feito de que se atopen por aquí de visita é moi importante para o Consello Regulador, "porque a mellor forma de comprender o que esta Denominación ofrece é visitala, comprobar que nos atopamos na España verde, que o noso viñedo está próximo as rías, o minifundio propio da zona, a mestura entre tradición e modernidade existente nas adegas impresiona moito aos xornalistas e prescriptores internacionais. E como se adoita dicir unha imaxe vale máis que mil palabras" explica Eva Mínguez, directora de marketing da Denominación de Orixe, quen recorda que o Reino Unido é o segundo mercado das exportacións de Rías Baixas con 537.604 litros, traducido en 2.682.360 euros.
"The Wine Society" é o clube de viños con máis historia do mundo. Foi fundado en 1874 en Reino Unido e conta con máis de cen mil socios. O obxectivo dos membros fundadores, que se mantén na actualidade, é comprar viños directamente dos productores a fin de garantir o seu autenticidade e calidade e ofrecerlles aos membros a prezos xustos.