Detido un veciño de Marín de 79 anos por causar danos en 25 vehículos
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Marín, detiveron un home de 79 anos, veciño de Marín, como presunto autor de varios delitos de danos en vehículos.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Nacional, os feitos remóntanse ao mes de maio, cando comezaron a denunciarse unha serie de danos nos vehículos estacionados no aparcadoiro da zona que vai cara ao dique, todos eles en forma de raiazos producidos na pintura do lateral dos vehículos por todo o lateral efectuados cun obxecto punzante e picadas nalgunha das rodas dos coches.
Ata un total de 25 coches raiados, algúns deles, en varias ocasións, do mesmo xeito e no mesmo lugar. Nalgúns casos os raiazos preséntanse en forma de cruces, círculos e mesmo palabras escritas no capó, picadas de rodas, danos que nalgúns casos alcanzan os 700 euros.
Os axentes estableceron un dispositivo policial e iniciaron as investigacións pertinentes para tratar de pescudar a identidade do autor destes delitos.
Durante os meses de xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro, do pasado ano e xaneiro e febreiro de 2018 seguíronse producindo danos en ata 25 vehículos da zona.
Unha vez establecido un dispositivo de vixilancia os axentes policiais sorprenderon "in fraganti" un home camiñando entre os vehículos estacionados e nun momento dado observaron como sacaba un punzón do peto e golpeaba insistentemente una das rodas dun vehículo estacionado na zona.
Por todo iso os axentes detivérono o día 19 de febreiro polo delito dos danos nos vehículos estacionados.