O PP insta ao Concello a que lle impoña prazos ao convenio coa ONCE
Por Oskar Viéitez
O concelleiro do Partido Popular, Ricardo Aguilar, criticou este mércores ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, por "no cumplir sus convenios urbanísticos".
En concreto, o portavoz popular, citou o convenio subscrito "hace nueve años" coa Universidade de Vigo polo que se construiría o edificio que albergará os actuais estudos de Belas Artes e Deseño nun solar de 20.000 metros cadrados en Tafisa "que el Concello todavía no ha puesto a disposición haciendo peligrar esta inversión y generando perjuicios notables".
Tamén sinalan como exemplo desta "falta de cumplimiento" o atraso na entrega á Xunta dos terreos necesarios para a construción do edificio xudicial na Parda.
E finalmente desde o PP abundan na súa crítica co Convenio subscrito coa ONCE "hace siete años" e que a día de hoxe está paralizado.
Recordemos que este convenio contemplaba a construción do centro de Recursos Educativos, o único de referencia en todo o Noroeste peninsular. O acordo incluía a construción dun aparcamento público dunha nova rede viaria vinculada á ONCE e a cesión do Colexio Santiago Apóstolo.
"Ninguno de estos compromisos se ha cumplido y Lores ni los ha reclamado", reprochou Aguilar Argenti, "como él tampoco cumple, sus palabras y sus convenios tienen poco valor, no tiene fuerza moral para hacer cumplir los compromisos de otros".
En aras ao "buen gobierno de la ciudad de Pontevedra" desde a oposición municipal instan ao alcalde a que impulse un novo convenio coa ONCE no que se fixen os prazos ás obras comprometidas.