Un coche leva tres días sufrindo as mareas vivas en Corbaceiras
Por Redacción
Tamén este sábado, por terceiro día consecutivo, as mareas vivas subiron o nivel do mar máis do habitual alcanzando aos vehículos que estacionan habitualmente na rampla de Corbaceiras.
Nesta ocasión os propietarios dos coches parecían estar advertidos e eran conscientes do risco que asumían deixando alí os seus vehículos porque esta zona estaba hoxe despexada case por completo. Fóra dun Citroën Xantia que permanece aparcado no mesmo lugar desde hai varios días.
Cos seus catro rodas metidas na auga salgada este turismo parmenecía impasible un día máis mentres se mollaban os seus habitáculos.
Numerosos pontevedreses fotografaron cos seus móbiles a singular estampa no peirao de As Corbaceiras xunto á antiga sede da Autoridade Portuaria.
Relacionadas:
-
A marea volve sorprender os condutores que aparcan no peirao de Corbaceiras
Por Redacción |
-
VÍDEO.- As mareas vivas volven afectar a varios coches nas Corbaceiras
Por Almu Dapena |
-
A preamar volve afectar a vehículos aparcados na rampla do peirao das Corbaceiras
Por Redacción |
-
Despréndese unha cornixa dun edificio da rúa Sarmiento
Por Redacción |