Detida a presunta autora dun roubo e unha estafa
Por Oskar Viéitez
A Policía Nacional detivo en Pontevedra a unha muller de 40 anos de idade, veciña desta capital, con antecedentes policiais, como presunta autora dos delitos de estafa e roubo con forza.
Os feitos remóntanse ao pasado día 27 de setembro cando un veciño de Pontevedra interpuxo unha denuncia en Comisaria pola sustracción de varios obxectos do interior do seu domicilio.
Ao parecer o denunciante tras regresar ao seu piso, tras permanecer uns días fóra, botou en falta dous televisores, de 42 e 19 pulgadas, sete videoconsolas, dous teléfonos móbiles, un ordenador portátil e un reloxo de pulsera, todo iso sen que fose forzada a pechadura da súa vivenda.
un detalle foi clave nas pesquisas, tamén lle roubaron unha tarxeta de compras
Houbo un detalle na súa declaración que foi clave nas pesquisas, tamén lle roubaron unha tarxeta de compras, da que solicitara a súa renovación, aínda que nunca chegara o seu poder.
Con todo coa citada tarxeta realizáronse diversos reintegros non autorizados de efectivo en diferentes caixeiros automáticos por un importe total de 1.470 euros.
A partir de aquí os axentes policiais empezan a tirar do fío. Primeiro puxéronse en contacto coa entidade emisora. Esta declarou que a forma de facer chegar a tarxeta ao cliente fora mediante envío postal ao domicilio do titular.
Dito isto os policías comprobaron que o buzón do denunciante aparecía forzado e roto, polo que concluíron que as comunicacións postais fóranlle subtraídas do interior do mesmo.
Isto pechaba o círculo de sospeitosos a alguén coñecido da vítima á que o mesmo facilitaría o acceso ao domicilio e que tras algunha desas visitas púidose apoderar dun xogo de chaves da vivenda.
Unha vez identificada a presunta autora de ambos delitos dispúxose por parte dos axentes a sua localización que concluíu o día 15 de outubro ás 11.45 horas cando esta muller foi interceptada por unha patrulla policial nas inmediaciones da rotonda do centro comercial A Barca. Foi identificada e detida polos presuntos delitos de roubo con forza e estafa, sendo trasladada a dependencias policiais para ser oída en declaración.