O polígono de Barro-Meis disporá dun viveiro de empresas
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o Director xeral da Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (Incyde), Javier Collado, asinaron un convenio para poñer en marcha dous novos viveiros de empresa, ubicados no parque empresarial de Barro-Meis e no polígono Lalín 2000 e para desenvolver un Programa de Formación con doce actividades nas distintas comarcas da provincia.
As obras das naves que acollerán os viveiros iniciaránse de inmediato e terán que estar concluidas o vindeiro ano. Estes viveiros acollerán entre 30 e 40 empresas e poderán ser utilizadas tamén por Autónomos.
A inversión prevista é de 1,5 millóns nos dous viveiros, dos cales a Fundación Incyde aportará, con fondos europeos, 1,2 (o 80%), e a Deputación 300.000 euros (o 20%). Os 12 programas costarán 540.000 euros (Deputación 108.000 e Incyde 432.000).
Os viveiros serán estruturas de acollida temporal para ubicar empresas nos seus primeiros pasos no mercado. Os que se asenten neles recibirán formación e a Deputación e o Incyde prestarálles determinados servizos, asimrsmo, levarán a cabo programas de asesoramento "anticrise", coma por exemplo, cómo negociar líñas de crédito cos bancos.
A Fundación Incyde é unha institución constituida polas 87 Cámaras de Comercio de España e creada en 1999 para o fomento e a formación do espiritu empresarial, mellorar a cualificación dos empresarios e para crear e consolidar empresas.
Coa Fundación Incyde, a Deputación xa ven desenvolvendo a creación dunha Plataforma Integrada Intelixente de Servizos Turísticos cunha inversión de 2,5 millóns de euros.
AUTOEMPREGO
Tanto Louzán como Collado destacaron que os actuais niveles do paro en España non arroxan datos esperanzadores "emprender é unha porta para sair desta situación".
A través destes convenios, afirmou Collado, "las Cámaras de Comercio apostamos por los emprendedores como generadores de empleo y riqueza, prueba de ello son los más de 2.500 emprendedores alojados en los más de cien viveros de empresas repartidos por el territorio nacional que han generado 5.500 empleos". Se trata, ha añadido, de una fórmula eficaz, ya que, "a pesar de la crisis, la supervivencia empresarial está alcanzando el 85%".
O Incyde xunto á Cámara de Pontevedra e o Concello de Pontevedra, asinaron o 9 de novembro do ano 2005 un convenio que permitiría á entidade cameral sacar a concurso a construción dun viveiro de empresas no Campiño que aspiraba a formar e tutelar a 250 emprendedores da comarca, co obxectivo de facer viables os seus proxectos de negocio e promover a creación de emprego. A día de hoxe o vivero da Cámara aínda non foi construído.