"Chova ou vente" o domingo queimarán ao Galo Fodorico
Por Oskar Viéitez
A queima do Galo Fodorico "vaise facer si ou si", asegurou de maneira rotunda Elena Barral, portavoz da asociación Ronsel que organiza esta festa.
O longo entroido de Poio segue acumulando atrasos por culpa da meteoroloxía adversa, pero este domingo "choia ou vente" celebrarase esta cita en Poio.
Segundo informou Elena Barral, xunto ao concelleiro Xose Lois Martínez, ás seis da tarde deste 18 de marzo sairá o "cortexo fúnebre" da Praza do Mosteiro para dirixirse cara á Praza de Arís onde se desenvolverán os festexos baixo carpa.
A verbena estará amenizada polo trío Azabache e por tres euros poderase comer un prato con chourizo, orella e costela.
As inscricións para os concursos de "choqueiros" e de viúvas poderanse facer no concello media hora antes de iniciarse este desfile no que participarán as comparsas poienses Os Canecos, Os 100 tolos e o grupo de Samieira. Tamén acudirán á cita as comparsas Flores de Carnaval de Monte Porreiro e Alegría de Bora.
Os encargados de ler o testamento de Fodorico serán "Os das pistas", que este ano acoden disfrazados de axentes forestais, igual que o Galo.
Relacionadas:
-
O enterro do Galo Fodorico pecha o longo Entroido de Poio
Por Redacción |
-
Samieira despide o símbolo do seu Entroido: o Galo Bruxo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Combarro di adeus ao seu mexillón cun animado enterro
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Entroido de Poio, de novo o máis longo da comarca: do 9 de febreiro ao 10 de marzo
Por Alejandro Espiño |