A mesa de contratación do concurso da auga volverase a reunir o luns
Por Redacción
O informe de valoración técnica que fixo a empresa Lagares Oca sobre as ofertas recibidas polas empresas interesadas no novo contrato do servizo de augas xa foi corrixido e supervisado polos técnicos municipais.
Así, o goberno local confirmou que o próximo luns 19 de marzo, ás doce da mañá, está convocada unha nova xuntanza da mesa de contratación.
Nela farase un novo análise do informe dos servizos técnicos correspondente ao sobre B, do proceso de licitación da xestión do servizo público de abastecemento de auga potable e saneamento do concello.
Á mesa están convocados todos os seus membros, entre eles os representantes dos grupos políticos aos que tamén lles foi remitido o informe corrixido.
Esta mesa celebrarase tres días despois do pleno extraordinario solicitado polo PP para que o goberno dea explicacións sobre un proceso de contratación que non ven claro.