A Cidade da Cultura aluga por 120 euros ao mes oficinas para os universitarios pontevedreses
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Cultura presentou este xoves no Campus Universitario de Pontevedra o espazo de coworking Emprende Cultura Gaiás, no que oferta a profesionais emprendedores 20 espazos de traballo unipersonais por 120 euros euros ao mes máis IVE.
A alugar da dereito a usarlos de 08.00 a 22.00 horas de luns a sábado e durante un período inicial de seis meses, prorrogables ata tres anos. Os interesados poden presentar a súa solicitude ata o 30 de decembro na web de Agadic.
Os requisitos, segundo o técnico del proxecto, Ramón Tubío, "é ter unha idea e a intención de pola en marcha, así de sinxelo".
"Emprende Cultura Gaiás ofrece unha contorna creativa para desenvolver un proxecto co asesoramento de expertos no sector cultural e unha rede de contactos", dixo Ramón Tubío.
"No CoWorking os emprendedores non só comparten un mesmo espazo físico, unha oficina, senón tamén a mesa de traballo, o que elimina o illamento destes profesionais. Esta é unha das principais vantaxes deste proxecto xa que, neste caso, facilita o networking, mellorando substancialmente as redes de contactos na súa contorna laboral. Para a creación desta empresa, que deberá ser unipersoal, a Cidade da Cultura de Galicia e AGADIC poñen a dispor dos novos empresarios unha serie de servizos para a materialización das súas iniciativas como son as ferramentas telemáticas, un servizo de titorización na definición e na posta en marcha do proxecto, a formación avanzada en xestión de empresas culturais e creativas e os accesos ao financiamento e axudas públicas".